Durante este ano estivemos introducindo a relaxación e o mindfulness nas clases de música. Foi un recurso para prepararnos no inicia da sesión e tamén para finalizar e rematar relaxados e tranquilos. Neste video veredes algún exemplos das cousas que fixemos. Foi moi divertido, aprendimos moito e sacamos moito partido para usar noutros contextos.
lunes, 4 de junio de 2018
lunes, 5 de junio de 2017
lunes, 21 de enero de 2013
martes, 27 de noviembre de 2012
Celso Emilio Ferreiro
Esta é a base musical (pinchade na foto) para o poema de Celso Emilio Ferreiro que imos recitar na escola. É un rap, así que tedes que ler seguindo o ritmo.

A primeira estrofa (cor verde) é para o 2º ciclo, a do medio (de cor azul) para Infantil e 1º ciclo e a última (de cor marrón) para o 3º ciclo. Está estructurada de xeito diferente a orixinal pero é para que vos sexa máis sinxelo recitalo.
A primeira estrofa (cor verde) é para o 2º ciclo, a do medio (de cor azul) para Infantil e 1º ciclo e a última (de cor marrón) para o 3º ciclo. Está estructurada de xeito diferente a orixinal pero é para que vos sexa máis sinxelo recitalo.
Deitado frente ao mar
Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si,
porque me gosta,
porque me peta
e quero e dáme a gana;
porque me sai de dentro,
alá do fondo
dunha tristura aceda
que me abrangue
ao ver tantos patufos
desleigados,
pequenos mequetrefes
sen raíces
que ao pór a garabata
xa non saben
afirmarse no amor
dos devanceiros,
falar a fala nai,
falar a fala nai,
a fala dos avós
que temos mortos,
e ser,
co rostro erguido,
mariñeiros,
labregos da linguaxe,
remo i arado,
proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si,
porque me gosta
e quero estar cos meus,
coa xente miña,
perto dos homes bos
que sofren longo
unha historia contada
noutra lingua.
Non falo
pra os soberbios,
non falo
pra os ruíns e poderosos,
non falo
pra os finchados,
non falo
pra os baleiros,
non falo
pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas
decotío;
pra os que súan
e choran
un pranto cotidián
de bolboretas,
de lume e vento
sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar
as miñas verbas
de tódolos que sofren
neste mundo.
E ti vives no mundo,
terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia,
doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar,
ise camiño...
Falar a fala nai,
falar a fala nai.
miércoles, 14 de noviembre de 2012
Panxoliñas de Nadal
Xa se achega o Nadal, aquí tedes as panxoliñas que vamos a cantar para que as practiquedes en casa. Tedes que pinchar en cada un dos cursos para escoitala. Ánimo, xa verás que ven cantas!!!
Panxoliña para Educación Infantil de Mamá Cabra
Panxoliña para 1º e 2º de Mamá Cabra
Panxoliña do Quiquiriquí para 3º e 4º

Aguinaldo de entrada do Quiquiriquí para 5º e 6º
Panxoliña de Malvela
Panxoliña para Educación Infantil de Mamá Cabra
Panxoliña para 1º e 2º de Mamá Cabra
Panxoliña do Quiquiriquí para 3º e 4º

Aguinaldo de entrada do Quiquiriquí para 5º e 6º
Panxoliña de Malvela
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





