viernes, 7 de mayo de 2021

 


Este ano para celebrar o Dia do Libro os nenos e nenas de 1º prepararon un conto con instrumentos. A través dos libros, podemos viaxar e coñecer historias moi divertidas, como estes setes animais que soñaban con cambiar de vida, pero ás veces, entre os soños un pesadelo aparece.

Cultivar o amor polos libros é o mellor regalo que podemos dar aos nosos nenos.

sábado, 30 de enero de 2021

DIA DA PAZ 2021




Aínda que non podemos xuntarnos para celebrar o Día da Paz, conseguimos enviar a nosa mensaxe de PAZ. De forma virtual, desexando que todo acabe pronto e que TODO VAI SAIR BEN, tedes este regaliño. Moi bo traballo, estou orgullosa de tod@s vos.




 

lunes, 4 de junio de 2018

MINDFULNESS EN MUSICA

Durante este ano estivemos introducindo a relaxación e o mindfulness nas clases de música. Foi un recurso para prepararnos no inicia da sesión e tamén para finalizar e rematar relaxados e tranquilos. Neste video veredes algún exemplos das cousas que fixemos. Foi moi divertido, aprendimos moito e sacamos moito partido para usar noutros contextos.


https://drive.google.com/open?id=11gBc00TlXrjnc-BolPwNjbXmDtngYn42

lunes, 21 de enero de 2013


PREPARAMOS O DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro imos celebrar o Día da Paz e cantaremos unha canción todos xuntos. Aquí tedes a letra de Xosé Neira Vilas e a música do grupo Na Virada para que practiquedes na casa e en clase.





martes, 27 de noviembre de 2012

Celso Emilio Ferreiro

Esta é a base musical (pinchade na foto) para o poema de Celso Emilio Ferreiro que imos recitar na escola. É un rap, así que tedes que ler seguindo o ritmo.




A primeira estrofa (cor verde) é para o 2º ciclo, a do medio (de cor azul) para Infantil e 1º ciclo e a última (de cor marrón) para o 3º ciclo. Está estructurada de xeito diferente a orixinal pero é para que vos sexa máis sinxelo recitalo.


Deitado frente ao mar



Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si,
porque me gosta,
porque me peta
e quero e dáme a gana;
porque me sai de dentro,
alá do fondo
dunha tristura aceda
que me abrangue
ao ver tantos patufos
desleigados,
pequenos mequetrefes
sen raíces
que ao pór a garabata
xa non saben
afirmarse no amor
dos devanceiros,
falar a fala nai, 
falar a fala nai,
a fala dos avós
que temos mortos,
e ser,
co rostro erguido,
mariñeiros,
labregos da linguaxe,
remo i arado,
proa e rella sempre.



Eu fáloa porque si,
porque me gosta
e quero estar cos meus,
coa xente miña,
perto dos homes bos
que sofren longo
unha historia contada
noutra lingua.


Non falo
pra os soberbios,
non falo
pra os ruíns e poderosos,
non falo
pra os finchados,
non falo
pra os baleiros,
non falo
pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas
decotío;
pra os que súan
e choran
un pranto cotidián
de bolboretas,
de lume e vento
sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar
as miñas verbas
de tódolos que sofren
neste mundo.
E ti vives no mundo,
terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia,
doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar,
ise camiño...
Falar a fala nai,
falar a fala nai.


miércoles, 14 de noviembre de 2012